Tomates

Tomate grande

Tomate grande

Fago os sementeiros dos tomates no mes de febreiro, ca semente que recollín no verán.

Nos meses de abril e maio é cando fago o  transplante das plantas de tomate na horta, o marco de plantación que emprego e de 45×45.  Unha vez preparada a terra póñolle unha malla que ten os buratos xa feitos, é aí onde as planto. Deste xeito non teño malas herbas.

Solo: prefiren os lixeiros aos compactos, gústanlles que o chan estea ben  nutrido, esponxoso e aireado. Para que maduren ben, as raíces necesitan sentir a calor.

Fertilidade: son plantas moi esixentes en nutrientes, vanlles ben un chan, con abundante materia orgánica.

Rotacións: hai parasitos que crean cepas resistentes se se cultivan moitas veces seguidas na mesma parcela, polo tanto débese esperar tres anos antes de volver a plantar tomateiras no mesmo lugar.

Asociacións: benefícianse da proximidade de allos e cebolas. Tamén con apios, cenorias, allos porros e perexil. Non lles gustan as patacas, nin os cogombros.

Pragas e enfermidades: mancha negra, producida pola Phytophtora infestans, que é un fungo, que se propaga con tempo húmido e temperado.  Aplicaremos un tratamento preventivo, utilizo o caldo bordelés.

Cando as plantas teñan 20 cm.,  máis ou menos poñémoslle as varas, e ímoslle atando as plantas. Tamén hai que podalas , sacándolle os brotes que van botando eu déixolle unha guía soa.

Entre finais de xullo, e primeiros de agosto xa tomamos as ensaladas cos nosos tomates.

Este ano, plante uns tomates grandes e carnosos,  os negros e os cherry.

Tiven tomates  ata mediados do mes de outubro. O ano,  veu moi chuvioso e as plantas enfermaron co exceso de auga. Tiven que arrancalas, estaban aínda cheas de froito.

Os tomates que non consumín a diario, conxeleinos, para facer salsa durante o ano.

Comenta grazas: