Tratamentos contra pragas e enfermidades

 

Cada vez máis persoas queren utilizar outros métodos alternativos para tratar as pragas e enfermidades das plantas, ben porque lle gusta, por comodidade o por conciencia ecolóxica. O feito que un produto sexa  de fabricación caseira ou natural, non quere dicir que sexa inocuo, aínda que si é certo que solen ser menos daniños para o medio ambiente ca melloría dos produtos comerciais. Os permitidos en agricultura ecolóxica están indicados con eco.

Métodos efectivos máis ou menos caseiros e ecolóxicos.

Tratamentos insecticidas:

 

Aceite de parafina. eco 

Insecticida acaricida,  usase como aceite de inverno , aplicase en inverno para rematar cas fases resistentes (hibernantes) de pragas de pulgóns, cochinillas, ácaros, etc, en plantas afectadas na tempada anterior ou propensas a elo. A súa eficacia debese a que forma unha capa sobre os insectos que lle impide respirar. O mellor momento para a súa aplicación é a finais do inverno, cando comecen a brotar as xemas, antes que salgan as folla.

Aceite vexetal. eco

Contra cochinillas, cando aí poucas.

Serve o aceite de oliva, xirasol ou calquera outro vexetal. Basease en asfixiar estes insectos na fase inmóbil. Píntanse cun pincel o un bastoncillo dos oídos mollado no aceite, unha por unha.

É efectivo pero require paciencia.

Ajenjo. eco

La Artemisia absinthium produce un insecticida natural de amplío espectro contra pulgóns, ácaros, cochinillas, formigas, etc..

Se maceran 300gr de planta fresca ou 30gr de planta seca en 1 l de auga durante unha semana. Filtrase e pulverizase a planta afectada cada 15 días.

Allo. eco, 

Usase contra enfermidades criptogámicas, bacterianas, ácaros, e pulgóns.  Faise unha decocción con 10gr de allos frescos en 1l de auga e colase.

Outra variante é a infusión de allo e cebola: machácanse 1/2 kg entre allos e cebolas e bótanse en 10l de auga fervendo, deixase repousar 10 minutos e colase. Isto chámase cendrada.

Debese pulverizar as plantas e o chan, facendo tres tratamentos en dez días.

O allo é indispensable na horta, ao asociarse ao resto de cultivos, polas súas propiedades insecticidas é un bo repelente de pragas.

Alcohol. eco

Para ataques de cochinilla pouco importantes, en plantas pequenas.

Pódese usar alcohol etílico ou mellor metílico (de queimar). Impregnar un trapo o un bastoncillo dos oídos e limpa as cochinillas con el. Outra forma efectiva é mesturar 1/2 l de auga tempada con unha culler de alcohol e outra de xabón de potasa.

Efectividade comprobada si se ten paciencia.

Azucre. eco

As formigas son moi golosas. Moitas aparecen como simbiontes de pulgóns, cochinillas e mosca branca: protexen limpan e trasladan estes insectos a cambio da melaza doce que excretan. Outras veces elas mesmas poden ser molestas nos fogares ou daniñas nas sementeiras, pois rouban as sementes.

Pódese reducir a súa poboación instalando nas zonas por onde van pasar cacharros cheos parte de mel, leite condensada ou almíbar, onde caerán e quedaranse pegadas

Es efectivo para reducir a poboación, nas elimina.

Bacillus thuringiensis. eco

Esta bacteria produce unhas toxinas naturais (delta-toxinas) que atacan, tras ser inxeridas, a parede intestinal de algunhas larvas de insectos, o que lle impide absorber o alimento e dánalle a parede intestinal por onde a bacteria penetra ao interior das larvas e lle produce a morte. Son inocuas para outros insectos e vertebrados. Moi usada en agricultura ecolóxica.

Hai algunhas variedades, cada unha das cales produce danos a un grupo de insectos en concreto:

  • Kurstaki. ataca as orugas ( larvas de lepidóteros-mariposas) tales como a procesionaria, lagarta peluda, rosquilla, trotrix etc, moi usado en xardinería.
  • Aizawai, tamén contra orugas.
  • Irraelensis, usase contra larvas de mosquitos (dípteros).
  • Tenebrionis, contra coleópteros (escaravello)

Debese pulverizar con gota moi fina, mollando ben a planta e no momento adecuado (primeiros estadios larvados da praga). É pouco persistente (7-10 días) e a súa efectividade diminúe ca calor (máis de 30ºC) e a humidade alta.

Xabón de potasa. eco

Insecticida, acaricia,, efectivo contra pulgón, cochinilla e outros insectos de cutícula branda, como araña vermella . Degradase facilmente( non debe aplicarse cando da o sol) é de baixa toxicidade. Pódese mesturar con insecticidas, pois é móllante e adherente. É eficaz, pero require constancia.

Empregueino o ano pasado por primeira vez, contra os pulgóns. E deume resultado.

Tomate. eco

Insecticida contra pulgóns. Facer unha infusión con un puñado de brotes frescos en 2 l de auga fervendo, deixar repousar 12 horas e colar. Pulverizar ben sobre os pulgóns.

Cando podo os tomates, cos brotes que saco teño feito esta infusión e darlle as plantas.

Trampas cromáticas. eco

Algúns insectos vense atraidos por certos colores. Os pulgóns voadores e mosca branca polo amarelo vivo, os trips polo azul vivo.

Pódense mercar estas trampas en tendas especializadas

 

Tratamentos para combater as enfermidades:

 

 Xofre. eco

Antioídio e acaricida preventivo e curativo.

Bótaselle xofre micronizado soluble na proporción 80 gr en 10 l de auga e fumigase ben a planta afectada. O xofre normal-amarelo- pode estar tamén micronizado e non se disolve na auga, pero se pode espolvorear sobre a planta. Débese usar con temperaturas entre 20 e 30ºC. Débese repetir o tratamento varias veces en quince días.

Efectividade contrastada. Moi usado en agricultura ecolóxica.

Bicarbonato sódico.

Funxicida contra antracnosis, tizón, mildeu, oídio.

Mesturar en 4l de auga unha culler de bicarbonato e 2,5 culleres de aceite vexetal, bater e botarlle media culler de xabón de potasa.

Aplicar cada 5-7 días .

Funxicida a base de leite.

A leite enteira posúe propiedades anti-bacterianas e funxicidas. Mesturase 1 parte de leite por 10 de auga. É un bo axente preventivo.

Canela. eco

Funxicida preventivo para sementeiros.Botáselle lixeiramente sobre o substrato.

Caldo bordelés. eco

Funxicida tradicional contra mildeu e botritis. Moi usado no cultivo da viña.

Pulverizase, mollando ben toda a planta, cada 15 días. Efectividade contrastada. Úsase moito en agricultura, ecolóxica ou non.

É o funxicida que uso na horta.

Cola de caballo (Equisetun arvense). eco

Contra pulgón e para prevenir os fungos.

Póñense a remollo 100grs de plantas frescas en 1 l de auga durante 24 horas. Despois férvese uns minutos, deixase enfrear e fíltrase. Diluíse en auga na proporción 1:5. Debese aplicar en tempo seco e soleado, primavera e verán.

Neem. eco

Extracto e aceites de neem son un pesticida botánico obtido do extracto da planta Azadirachta índica.

En lugar de usar cobre, sulfuro, ou tratamentos sistémicos, o tratamento ecolóxico baseado no aceite de neem usase en froitales, noceiras, vexetais, plantas de especias, rosalés , plantas de interior, árbores ornamentais, todo tipo de flores e arbustos. Indicado en viñedos contra o oídio e mildeu, non soamente como preventivo, sino tamén como un eficaz tratamento curativo.

O aceite de neem é, polo tanto, un funxicida efectivo para a prevención e control de enfermidades producidas por fungos, incluindo oidio, mildeu, moteado negro, botritis o podredumbre gris etc..

Emprégase desde fai moito tempo para combater numerosas enfermidades en humanos, en trastornos de: pel, corazón, diabetes, ,etc…

Combater outras pragas utilizando tamén as plantas:

 

Auga. eco

Os ácaros non lle gusta a humidade ambiental, un remedio efectivo contra eles é levar a planta afectada un lugar sombreado e pulverizala con auga varias veces ao día. Hai que mollar ben toda a planta, especialmente o envés das follas. En 4 ou 5 días desaparecerán.

 Cinza. eco

Botáselle ao derredor das plantas afectadas impide o paso dos caracois. Si chove hai que repetir o tratamento. Na horta poño tellas para que se agochen, e cando hai caracois, os recollo e llos voto as galiñas.

Cascara de ovos:

Machacar as cáscaras dos ovos e repartilas ao derredor das plantas en cuestión. Os caracois e babosas intentarán chegar a elas pero antes de poder facelo cravaranse nas cascas dos ovos e morrerán.

Tajetes:

Sempre os planto na horta, intercalados nos diferentes cultivos, ademais de engadir unha nota de cor aos cultivos, axudan a protexelos xa que a través das súas raíces segregan un fitocida moi potente para loitar contra eses vermes grises que dan conta das nosas leitugas e outros cultivos a base de mordedelas no colo, xusto alí onde arrinca a raíz.

Contra nematodos, mosca branca e insectos en xeral.

Romeu:

Repele a mosca da cenoria e fomenta a presenza de insectos polinizadores como as abellas.

Albahaca:

Repele moscas e mosquitos, na horta sempre a intercalo entre as plantas de tomates. Tamén me floto con ela cando hai mosquitos na horta.

As formigas e o grello ceboleiro:

Combátense vertendo auga ou aceite fervendo nos niños. Eu tiña un niño de formigas e probei e doume resultado.

Lavanda:

As flores secas repelen as polillas dos armarios. Fago bolsas, métolle as flores secas de lavanda e métoas nos armarios como ambientador. Arrecende moi ben!  Repele as formigas.

 Auga de Ortiga:

Para a maceración, collemos un recipiente de plástico que é seguro o que temos máis a man, nunca metálico. Para 10 l de auga engadimos 1kg de plantas frescas cortadas e deixamos en remollo de 1 a 4 semanas. Pódese remover a auga de vez en cando para facilitar a fermentación, eu a removo. Cheira mal!!  A continuación filtrar e utilizar diluíndo de 10 a 20 veces dependendo como se vaia a utilizar.

– Si a maceración utilizase como fertilizante deixala en remollo durante tres semanas e despois filtrar e diluír 10 veces para espallala polo solo e 20 veces para utilizala sobre as follas.

– Si a maceración utilizase como preventivo de enfermidades criptogámicas (As producidas por fungos e bacterias) deixala repousar unha semana, filtrar e diluír 15 a 20 veces.

Podemos utilizar ortigas frescas, por exemplo, cando transplantamos tomates poñendo un puñado de ortigas na cavada. A ortiga apórtalle nitróxeno as plantas, por iso hai que dar coidado, xa que as plantas nitroxenadas son atacadas polos pulgóns.

Eu a utilicei para combater o pulgón, pero no me dou resultado.

Caléndula:

Ten unha acción nematicida. É bo intercalala entre os allos porros e as patacas. Teño moitas plantas de caléndula na horta, ao chegar o bo tempo sempre están en flor.

Capuchina:

As súas follas teñen un sabor picante, toda a planta é comestible. Ten propiedades antibióticas. Produce moitas flores a súa presenza axuda a repeler o escaravello do cogombro, a mosca branca dos invernadoiros, e pulgóns.

Tomiño:

Como outras aromáticas atrae as abellas beneficiosas e repele insectos daniños como a mosca branca.

Esta información é dos cursos de agricultura ecolóxica que fixen, desexo vos  axude.

 

 

 

 

 

Comenta grazas: