Horta Galega

Calendario de plantación

Xaneiro

Cebola

Neste mes, malia os fríos, a choiva e as intensas xeadas, temos que ir plantando numerosas hortalizas.

SEMENTAR DIRECTAMENTE AO AIRE LIBRE:

Acelgas, perexil, cenorias, chícharos,cebolas...

SEMENTAR EN SEMENTEIROS PROTEXIDOS AO AIRE LIBRE:

Porros, leitugas, coliflor de primavera...

Febreiro

Allo

Continúan os fríos, pero seguiremos plantando.

SEMENTAR DIRECTAMENTE AO AIRE LIBRE:

Allos, remolacha vermella, cenorias, amorodos, perexil, patas de espárragos...

SEMENTAR EN SEMENTEIROS PROTEXIDOS AO AIRE LIBRE:

Acelgas, leitugas, porros, berenxenas, tomates, pementos...

Marzo

Remolacha

Xa estamos na primavera. As temperaturas xa empezan a subir, e podemos ir facendo sementeiros dalgunhas especies ao aire libre sen protección.

SEMENTAR DIRECTAMENTE AO AIRE LIBRE:

Allos, fabas, espinacas, patacas, cenorias, xudías, patas de espárragos, leitugas de verán, chicoria, cebolas, brócoli, remolachas...

SEMENTAR EN SEMENTEIROS PROTEXIDOS AO AIRE LIBRE:

Cogombros, pementos, tomates, perexil, cilantro...

SEMENTAR EN SEMENTEIROS AO AIRE LIBRE, SEN PROTECCIÓN:

Acelgas, coliflores, coles de bruxelas, leitugas, repolos de verán...

Abril

Porros

Soben as temperaturas e comeza a actividade máis intensa.

SEMENTAR DERECTAMENTE AO AIRE LIBRE:

Xudías de enrame, millo, nabos, avea, espárragos, acelgas, patacas, cenorias, porros, espinacas, tomiño, cabazas, allos, amorodos...

SEMENTAR EN SEMENTEIROS AO AIRE LIBRE, SEN PROTECCIÓN:

Acelgas, apios, coles, leitugas, ourego, romeu, perexil, xarxa (salvia) tomiño...

Maio

Tomate

Estamos en plena primavera coa horta a máximo rendemento, polo que o traballo se multiplica: regar, transplantar, quitar herbas...En maio o tempo é máis chuvioso que soleado.

SEMENTAR DIRECTAMENTE AO AIRE LIBRE:

Acelgas, fabas,millo, cacahuetes, cabazas, xudías, leitugas, perexil, pementos, porro, remolacha vermella,millo tomates, cenorias, allos, chicoria, berros, apio, cogombros, xirasois, soia,esponxas, azafrán bastardo...

SEMENTAR EN SEMENTEIROS AO AIRE LIBRE, SEN PROTECCIÓN:

Brócoli, coles de Bruxelas, coliflores, lombarda, leitugas, porros, melóns, envidia amarela...

Xuño

Chicoria

Hai unha elevación notable das temperaturas; isto, unido á humidade aínda persistente, especialmente se a primavera foi chuviosa, fai que teñamos que estar sempre pendentes da nosa horta xa que son condicións favorables para o desenvolvemento de insectos, fungos, malas herbas...

SEMENTAR DERECTAMENTE AO AIRE LIBRE:

Acelgas, chicoria, apio, cabazas, xudías, leitugas, millo, nabos, cogombros, perexil, porros, remolacha vermella, cenorias...

SEMENTAR EN SEMENTEIROS AO AIRE LIBRE, SEN PROTECCIÓN:

Envidia amarela, brócoli, coliflores, leitugas, repolos para colleitar no outono-inverno, espinacas...

Xullo

Cabaza

É o momento de máxima recolleita do froito do noso traballo.

SEMENTAR DERECTAMENTE AO AIRE LIBRE:

Acelgas, apio, berros, cabazas, endivias, escarolas, espinacas, leitugas, cogombros, perexil, porros, cenorias, remolacha vermella...

SEMENTAR EN SEMENTEIROS AO AIRE LIBRE, SEN PROTECCIÓN:

Endivia amarela, brócoli, cebolas, espinacas.

Agosto

Escarola

Os dias empezan a facerse máis curtos e na horta os verdes intensos van dando paso a tonalidades máis amareladas en numerosas hortalizas.

SEMENTAR DERECTAMENTE AO AIRE LIBRE:

Acelgas, endivias, berros, escarola, espinacas, leitugas, remolacha vermella, cenorias, nabicol, col, repolo, coliflor, brócoli...

SEMENTAR EN SEMENTEIROS AO AIRE LIBRE, SEN PROTECCIÓN:

Cebolas, coles, leitugas, brócoli, berros, perexil...

Setembro

Coliflor

É época das grandes colleitas e tamén o momento no que debemos aproveitar para envasar o exceso e conservalo para o inverno.

SEMENTAR DERECTAMENTE AO AIRE LIBRE:

Acelgas, apios, coles, endivias, espárragos, espinacas, leitugas, porros, nabizas, col de Milán, nabos,coliflor, repolo, brócoli...

Outubro

Repolo

Xa estamos no outono.

SEMENTAR DERECTAMENTE AO AIRE LIBRE:

Espinacas, leitugas, porros, col de Milán, repolos, brócoli...

Novembro

Espinacas

Remata a tempada de máxima produción e chegan a choiva e o frío. Se sempre é importante ter a terra protexida, na época outoniza aínda o é máis, para evitar que perda a súa estrutura por efecto dos axentes atmosféricos.

SEMENTAR DERECTAMENTE AO AIRE LIBRE:

Alcachofas, allos, centeo, chícharos, espinacas, escarolas, leitugas...

SEMENTAR EN SEMENTEIROS AO AIRE LIBRE, SEN PROTECCIÓN:

Cebolas, coles...

Decembro

Leituga

SEMENTAR DERECTAMENTE AO AIRE LIBRE:

Allos, berros, espinacas, cenorias...

SEMENTAR EN SEMENTEIROS PROTEXIDOS AO AIRE LIBRE:

Leitugas...