Xirasoles

Os xirasoles son fermosos.

O xirasol é unha planta herbácea a flor ten unha cabeza tipicamente grande que roda para mirar ó sol. Pode medir entre 2  ou 3 metros de altura, o seu tallo recto e cilíndrico. As follas do xirasol son alongadas e aterciopeladas. A flor do xirasol ábrese nos meses de verán no seu interior pódense apreciar unhas flores minúsculas que forman un disco, estás darán lugar posteriormente as sementes ou pipas de forma plana e rematadas en punta.

O xirasol é nativo de América, de aí, os españois exportárono a Europa ao principio do século XVI.

O xirasol contén ate un 58% de aceite no seu froito. O aceite de xirasol utilizase para cociñar, aínda que non ten as características cardiosaudábeis do aceite de oliva.  Tamén serve para producir biodiésel. Eu o que aproveito son as pipas, para consumir como froito seco. Son ricas en vitamina E, conteñen potasio, magnesio e calcio.

Levo plantando xirasoles moitos anos, plántoos no mes de maio. A semente que emprego é a que destinan para o  consumo dos paxaros.  Son pipas sen sal e que non foron tostadas. Preparo o terreo, do mesmo xeito que se fora plantar millo. É conveniente deixar unha separación entre plantas de 15 a 20 cm e plantalos en ringleiras separadas uns 70 centímetros para poder traballar ben entre eles. A planta do xirasol agradece a fertilización rica en nitróxeno.  É un cultivo que non é moi esixente, cando as plantas son pequenas sáchoas e sácolle as malas herbas. Cando empezan a florecer, botan brotes ao longo do tallo, elimínollos, xa que canto máis grande sexa a flor principal mellor. Cando collen unha coloración amarela é as pipas quedan ao descuberto é o momento de comezar a súa recollida, a finais de agosto principios de setembro xa empezan a estar os xirasoles para recoller.

Dá moito pracer, velos na horta é un cultivo espectacular e atractivo. A xente cando os ve, gústanlle moito. Para min son unha fermosura!!

O seu significado: alegría infantil, espontaneidade, inmaturo, variabilidade.

 

Comenta grazas: