Xudías

xudías asociadas con cabaza cacahuete.

Xudías asociadas con cabaza cacahuete.

As xudías, pertencen a familia das leguminosas, non poden faltar na horta, ir collelas a horta e logo cociñalas, o seu sabor e incomparable. A variedade que semento é:

Xudía bos aires vermella, é unha variedade rústica, vigorosa, adaptase moi ben. Vaina plana, verde con manchas encarnadas, ten moi bo sabor, e moi terna e aguanta moito unha vez recolleita. A semente e grande de cor xaspeado, a súa duración xerminativa é de tres a catro anos. A súa cor encarnada desaparece ao cociñala.

Fago a sementeira a finais de abril ou en maio, cando o tempo empeza a quecer, e a temperatura da terra acade os 16º. Non tolera as baixas temperaturas. Fago unhas cavadas pouco profundas, en torno aos 5cm. e separadas entre 30 ou 40 cm., poño tres ou catro xudías en cada cavada. Si chove antes que xerminen poden podrecer na terra, tendo que sementar de novo. Cando as plantas teñen 20 cm. temos que poñerlle varas ou rede, para que se agarren. Debe darlle ben o sol.

Solo: gústalle as terras esponxosa, frescas e ricas en humus, sen materia orgánica. As xudías, como todas as leguminosas enriquecen a terra en nitróxeno, xa que os nódulos que teñen nas raíces fixan o nitróxeno atmosférico.

Rego: pouco na sementeira, moderado ao florecer e abondoso durante a colleita.

As xudías pódense consumir de tres maneiras:

  • Tenras, son as típicas xudías que comemos enteiras, con vainas. Hai que mirar o diámetro da vaina que está relacionado coa madurez.
  • De grao tenro pero sen vaina, cando as sementes empezan a inchar, pero non están totalmente maduras nin para secar.
  • Xudías secas, que normalmente utilizamos para almacenaxe e posterior consumo. Hai que recollelas cando as vainas están totalmente maduras e secas. Estas son as que gardo para sementar.

Pragas: pulgóns e as arañas vermellas. Os problemas de roia, oidio e podreceres solen aparecer si regamos en exceso, ou mollamos as folla.

Asociación favorable: berenxenas, cenoria, col, espinaca, amorodos, leituga, millo, pataca, ravos.

Tiven xudías todo o verán, se recollen as vainas con coidado e sen tirar de elas. Si facemos a sementeira graduada teremos xudías máis tempo.

As choivas abundantes e os ventos fortes prexudícanlle.

Son moi sabrosas

Son moi saborosas

Comenta grazas: