Cabaza cacahuete
A cabaza cacahuete pertence a familia das cucurbitáceas. Lévoa plantando na horta uns cuantos anos.
Clima e terreo: As cabazas son orixinarias de países tropicais e climas cálidos. Son sensibles aos fríos e xeadas.
Gústalle o terreo lixeiro, rico e profundo.
Semento a semente de cabaza no mes de maio, fago unhas cavadas separadas 20 cm e en cada unha voto dúas sementes. É unha planta que vai correndo polo terreo, deste xeito impide que nazan as malas herbas.
Recollo as cabazas no outono. Cando teñen unha cor laranxada, teñen a carne dura e o sabor e doce. Consérvanse todo o ano.
Pódese consumir, a grella, frita, cocida, gratinada, ao forno en doces etc…
Hai numerosas receitas con este produto.