Cenoria
Cenoria, planta herbácea da familia das umbelíferas, de raíz comestible. Na horta non debe faltar.
Clima e terreo: o clima máis conveniente é o temperado e húmido, en xeral non é moi esixente neste aspecto, salvo para os moi fríos. As secas prexudican moito o desarrollo e calidade da raíz. O terreo debe ser profundo, fresco e solto.
Fertilización: o esterco debe ser incorporado ao solo un ano antes para outros cultivos anteriores e si llo botamos estará moi podrecido e en pequenas doses.
Cultivo: a época da sementeira está comprendida entre xaneiro e agosto, sendo máis ou menos tempérana, dependendo do clima que faga. A sementeira pódese facer a boleo cando o terreo estea solto e limpo. Prefiro facer regos pouco profundos, botar a semente e tapar con moi pouca terra, os regos os separaremos de 15 a 25 cm. Apertaremos lixeiramente o solo do sementeiro e podemos cubrilo cunha lixeira capa de palla fina.
Rego: deben darse con frecuencia e cando as plantas teñan tres ou catro follas, poderemos rarealas si naceron moi espesas. Hai que sacarlle as herbas e picarlle un pouco o terreo si o teñen duro.
Enfermidades: verme da cenoria, que penetra no interior e a destrúe. Dende que intercalo taxetes no cultivo da cenoria, noto que lle ataca menos este verme. Os taxetes protexen as plantas dos nemátodos.
Recolleita: a partir de cincuenta días nas variedades precoces.
Rotacións: é importante facer rotacións largas polo problema dos nemátodos. De tres a cinco anos no mesmo bancal.
Asociacións: con porros, cebolas que lle afasta a mosca da cenoria. Con leitugas, chícharos, tomates, ravos, perexil etc. Tamén con algunhas aromáticas como salvia, romeu o la artemisa.
Propiedades: nutritivas, diuréticas, depurativas, calmantes e refrescante. Ricas en vitaminas A, B, C, D, E, K e en minerais calcio, ferro, fósforo, potasio, magnesio entre outros. É moi rica en azucres, o que lle da un sabor doce e moi nutritiva.
Na cociña ten multitude de usos: cremas, guisos, sopas, potaxes, ensaladas, doces entre outros.