Espinacas
Espinaca xigante de inverno, esta variedade é resistente ao frío. Ten grandes follas verde escuro, bastantes lisas, tarda en espigar.
Fixen a sementeira no verán, e a recollín durante o outono.
Abonado: Non tolera o esterco nin o compost fresco. O terreo ten que estar abonado con anterioridade.
Si abonamos con purín de ortiga, imos ter unhas espinacas de gran calidade nutritiva.
Rego: Gústalle o chan húmido, pero sen exceso.
Rotacións. É unha planta esquílmante. Deben pasar de tres a catro anos, antes de repetir o cultivo na mesma parcela.
Asociase ben con numerosa plantas: fabas, xudías, chícharos, fresas, leitugas, escarolas.
Están moi ricas: en revoltos, crema, tortilla, lasaña vexetal, potaxes…