O Marmelo

O doce que se fai cos marmelos é moi saboroso!!
Teño un marmeleiro na horta, que da uns marmelos moi bos.
Fago o doce cando os marmelos están maduros, teñen que ter unha cor amarela. Tamén se poden conxelar e facelo cando un teña tempo.
Modo de facelo: Lavo os marmelos, os corto e lle saco as partes malas que tiveran. Os peso, e os poño a cocer cun pouco de auga. Cando están case cocidos, bótolle o azucre. A proporción é 1kg de froita por 3/4 kg de azucre. Teño que revolver para que non se pegue, ao fondo da tarteira. Ai que estar revolvendo hasta que espese, e a cocción farase a lume lento. Unha vez feito pásoo polo chino e vótoo en recipientes de plástico. Eu o conxelo, e cando o necesito o saco,ou pódese sacar a pedazos, xa que non conxela o que permite cortalo con facilidade.
Está moi rico co queixo galego e pan artesanal. Untado en pan torrado.
TORTA DE MILFOLLAS DE MARMELO, MAZÁ E QUEIXO
Ingredientes:
- 2 Mazás vermellas
- 100 g de queixo fresco
- 100 g de doce de marmeleiro
- 50 g de mel
Como se elabora:
Cortar en finos toros a mazá e pasalas, volta e volta, por unha tixola antiadherente ao lume sen nada de graxa. Deste xeito, a froita cocíñase lixeiramente pero sen perder a súa consistencia.
Móntase unha capa de mazá, outra de queixo e unha última de doce de marmelo. No momento de servir bótanse unhas culleradas de mel morno por riba.