Perexil
O Perexil e un condimento universal, añadido en cru aos nosos pratos, o perexil proporciónanos vitaminas e minerais, é unha herba aromática rica en calcio, ferro, magnesio, potasio, ácido fólico, carotenos e vitaminas A e C. Cociñar con perexil aporta un extra de antioxidantes as comidas, ademais do sabor que lle da.
Hábitat: cultivase en hortos e xorde en lugares frescos, como paredes e rocas. Horta galega sempre ten un perexil ¡fermoso! que intercalámolo nos diferentes cultivos, en especial no dos tomates. Tamén se pode cultivar en macetas, ter perexil na casa non é difícil!
Descrición: o perexil é unha planta bianual. Familia das umbelíferas. Follas de cor verde escuro que se manifestan durante o premer ano. Ao segundo formase o tallo floral, dunha altura de o,60 a 1 metro con pequenas flores en umbelas, dun branco verdoso. Raíz pivotante, semente pequena, agrisada e aromática, cunha duración xerminativa de catro a seis anos.
Cultivo: Farase a sementeira do perexil ao aire libre cando o tempo xa non sexa frío, nos temos a costume de sementalo en maio. A xerminación é moi lenta, tardando un mes aproximadamente en aparecer as plantas.
Partes da planta de uso medicinal: a raíz, a planta e as sementes. A raíz sécase á sombra, mentres que a folla é preferible usala sempre fresca.
Indicacións: a infusión facilita a dixestión, elimina os gases e abre o apetito. Úsase para eliminar o exceso de líquidos retidos, en particular por enfermidades cardíacas, aínda que tamén como depurativo na reuma o perexil pode manter sans e en equilibrio os ril e para o mal cheiro de boca.
A decocción está indicada nas dores menstruais.
En fatiga visual é útil aplicar cunha gasa o zume da planta de perexil tenra enriba do ollo. Este zume tamén alivia a picadura de pulgas, mosquitos e carrachas.
Dosificación: no tratamento dos problemas dixestivos prepárase unha culleriña de semente seca en infusión por cunca de auga, que se bebe dúas veces ao día, preferentemente antes da comida.
Contra a retención de líquidos e o mal alento, tómase unha culler do zume obtido ao machucar a planta.
Precaucións: en persoas con predisposición a ter pedras no ril, o consumo debe ser controlado. En persoas con especial sensibilidade, a aplicación de preparados derriba da pel pode producir síntomas adversos.
Efectos secundarios: as embarazadas non o deben consumir en doses superiores ás permitidas, xa que podería ser causa de aborto, nin as mulleres que dean o peito, xa que baixa a produción de leite. Tampouco debería consumirse en exceso si se sigue un tratamento con anticoagulantes e antiarrítmicos.
¡Cando utilicemos as plantas seremos cautos!