Preparar as pipas de xirasol
Recollemos os xirasoles, cando teñen unha coloración amarela. Empezamos a recoller os primeiros a finais de agosto e principios de setembro.
Preparación das pipas:
- Debullamos os xirasoles, para facer este traballo utilizaremos uns guantes un pouco fortes, para non danar as mans.
- Unha vez que temos as pipas, hai que pasalas pola peneira, para limpar as impurezas.
- Póñoas ao sol a secar un par de días.
- Preparo unha auga ben salgada, eu por cada litro de auga bótolle 100grs de sal, meto as pipas nesa auga, e vou revolvéndoas para que se vaian mollando todas. Déixoas que estean un pouco nesa salmoira.
- Vólvoas a poñer a secar ao sol, ata que a cascara estea ben seca.
- Tóstoas no forno eléctrico a 150º, ata que a pipa estea tostada, como as compradas.
- Unha vez frías, meto as pipas en botes de cristal, e cerro ben os botes para que non collan humidade. Consérvanse moi ben. Gardo os botes en caixas de cartón, nun lugar seco.
- O mellor sen dúbida é comelas!!